DIA DA PAZ NO CEIP PENA DE FRANCIA
Neste día
escolar celébrase o aniversario da morte
de Gandhi (30 de xaneiro de 1948), un dos defensores da non
violencia na solución dos conflictos.
A súa mensaxe é moi claro:
“A PAZ é mellor ca guerra. Non hai camiños para a PAZ, a PAZ é o camiño”.
Todos sabemos que a paz ten
un significado máis amplio que o de ausencia da guerra . Tamén sabemos que a
paz consíguese descubrindo que todos somos
diferentes pero iguais.
Sabemos que hai lugares no
mundo onde a violencia é a única lei que impera e que hai moitos nenos e nenas
que non saben xogar, que non saben ler nin escribir; que só saben de armas, de
matar, de odiar, de torturar, porque nos seus países hai guerra.