FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2020 NO PENA DE FRANCIA (En confinamento)

Como cada ano cando chegaban estas datas na nosa escola celebrábamos por todo o grande un Festival para festexar a nosa Lingua, O GALEGO, e porque nos sentimos orgullosos e orgullosas  de poder comunicarnos nunha lingua tan fermosa....pero este ano o confinamento.....deixounos sen ese festival.....pero non nos resignamos a deixar de facer algo como escola.....

Por iso, propoñémosvos unha simpática e fácil actividade:

 Primeiramente tedes que escoitar esta fermosa música do video desta entrada .....xa veredes como deseguida vos entran ganas de bailar e despois simplemente sacades unha foto bailando ( pode ser só, en parella, coa vosa mascota, con toda a vosa familia.....) e enviadela antes do día 18 de maio  ó correo da vosa titora/titor....con todas as fotos recibidas faremos unha montaxe, que nos lembrará esta peculiar celebración das Letras Galegas 2020

"CALQUERA PROBLEMA DO MUNDO
SE PODE ARRANXAR BAILANDO"
James Brown



Entradas populares de este blog