OS MAIOS


Os Maios son unha das máis fermosas tradicións galegas, unha desas ancestrais festas do ciclo do ano tan estreitamente relacionadas co mundo agrario e a fertilidade da terra.
       É unha festividade estreitamente  relacionada coa agricultura e a celebración do espertar da vida vexetal, do poder rexenerador da natureza que coincide coa chegada da primavera, do bo tempo, dos días máis longos e do comezo do ano agrícola.
     Desde a escola, como todos os anos, tamén imos celebrar esta festa tradicional tan arraigada na nosa terra e para eso precisamos da vosa colaboración, sempre tan importante.
Imos elaborar o noso maio e precisamos que traiades a escola:
FIUNCHO, XESTAS, MARGARIDAS, ROSAS, CAMELIAS, PAMPILLOS, CALAS…
    Este material deberá traerse á escola o MÉRCORES 3 DE MAIO e será recollida nas aulas.


Entradas populares de este blog