DÍA DA LINGUA MATERNA
O 21 de febreiro celébrase o Día Internacional de Lingua Materna, en recordo dos estudantes mortos en 1952 en Dacca (Blangladesh) por defender o Bengalí, a lingua do poeta, filósofo, músico e pintor Rabindranath Tagore.
A celebración da Lingua materna da comezo ao Ano das Linguas da Unesco, que ten coma finalidade convencer da importancia de perservar a diversidade e cultural ante o risco de desaparición que corren moitos idiomas do mundo.
Máis do 50% dos aproximadamente 7000 idiomas vivos atópanse en perigo de extinción; de se manter o ritmo actual estes desaparecerán antes de rematar o século XXI (xa que, de media, pérdese unha lingua cada quince días).
Ademáis cómpre lembrar que só un 25% das linguas (sobre unhas 1700) se ensinan na escola.
Desde o equipo de Dinamización da Lingua Galega pensamos que a mellor homenaxe que se lle pode facer a nosa lingua é EMPREGALA.
Clika na imaxe e terás acceso a unha ionteresante guía da Lingua Galega, elaborado pòlo Consello da Cultura galega