DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
É importante que todos e todas nos demos conta da transcendencia e potencialidade que a EDUCACIÖN encerra para erradicar unha das maiores lacras en todas as partes do planeta: a violencia que se exerce cara as mulleres. Unha violencia que se produce en todos os ámbitos da sociedade. De xeito explícito a través dos malos tratos pero tamén de xeito simbólico a través dos medios de comunicación, a violencia desculpada nas tradicións culturais, relixiosas...
Esta canción de Sés , Concordias de Papel, fala deste tema cunha sensibilidade extraordinaria.
CONCORDIAS DE PAPEL
Gardo cicatrices no faiado para queimar
Sabendo que é posíbel que retomen sen chamar
Mais non penso en trincheiras, canón,
Granadas nen fusil
Renuncio a máis defensas, vivo nun eterno abril
Berro se me berran, non escondo a miña voz
Vendo amor á terra e carne crúa para o feroz
Aquel que cre que outra, outro ou eu han de calar
Impugno o testamento que me obriga a venerar
Eu xa non quero concordias de papel
Nin revoltas fatais sen caravel
Nin panexíricos despois da humillación
Nin paliativos en lugar de curacións
Xa non máis rendas de corcel
Nin días de cal, nin lúas de fel
Nin militar na adoración
Nin acatar máis silencios
Lembro días de guerra con culpábeis e perdóns
Enriba dos xeonllos, sendo carne de canón
Mais vinlle a pel ao lobo, confesei, lin, resucitei
Non teño máis principio que matar antes que morrer