A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza hoxe, coincidindo coa data do seu nacemento, unha lectura simultánea de textos de Rosalía de Castro en oito vilas e cidades galegas para pedir o recoñecemento oficial da obra da poetisa e a súa transmisión didáctica ás novas xeracións. Solicitarase tamén que o Día de Rosalía pase a formar parte do calendario escolar, para que con ese motivo todos os centros escolares promovan actividades didácticas que actualicen e dean difusión ao seu pensamento.
NEGRA SOMBRA

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.


Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
(Rosalía de Castro)

Entradas populares de este blog