Bágoas Negras
O noso mar tinguido de chapapote e indignación.
Pasaron xa 11 anos dende aquel funesto novembro que sumíu a Galicia na tristura máis fonda: o Prestige, un petroleiro cargado de fuel afundía diante das nosas costas, despois de se pasear durante días sen que ningunha autoridade competente soubera aportar unha solución axeitada. A mancha de fuel expandíuse ata límites insospeitados, e os seus efectos todavía perduran hoxe.
Once anos despois, celébrase o xuízo polo afundimento. E quedamos como estabamos!.
Como axudar ós nosos alumnos e alumnas a adquirir responsabilidade se, no mundo real, ninguén se fai responsable das súas accións?.
Afortunadamente, os nosos cativos non tiveron que vivir a desesperación do afundimento. Tampouco viviron a marea branca de solidariedade, o único positivo que trouxo consigo este desastre.
Para que a historia non se repita compre coñecela. Parece, pois, moi axeitado recuperar esta ampla información recollida nos diarios e Periódicos sobre o afundimento do Prestige.
Noticias prestige