Entradas
Formaremos parte no curso 26-27
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Rosalía 25-26
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
🌿 “Hábitat de Rosalía – CEIP Pena de Francia” 🌿 No CEIP Pena de Francia, onde esperta o corazón, medran versos polo patio coma herba tras o sol. Entre risas e cadernos, entre xogos e ilusión, hai unha voz que nos acompaña e que nunca di adeus. Entre montes e palabras hai memoria e hai raíz, unha chama pequeniña que nos ensina a vivir. Rosalía, hábitat do sentir, terra viva dentro de nós, no CEIP Pena de Francia soa forte a túa voz. Se o mundo pesa e doe máis, ti fas do pouco eternidade, flor valente, luz acesa, dignidade. Falaches de ríos e fontes, de morriña e de fogar, do caldo humilde que sabe a forza para loitar. E hoxe os nenos e nenas aprenden coa túa canción que na lingua e na tenrura latexa o corazón
Traballos polo 25N
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
No CEIP Plurilingüe Peña de Francia levouse semanas traballando na creación de varios programas especiais arredor do 25N. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Equipo de Biblio e construída grazas ao esforzo conxunto de todo o profesorado e á participación de todo o alumnado do centro —desde Educación Infantil ata Sexto de Primaria—. Podedes ver mais no blog da biblioteca https://bibliotecapena.blogspot.com/ href="https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/F63NEXcmxJGiKAy">
Samagontín 25
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
INTRODUCCIÓN: ORIXE DA FESTA Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Os celtas eran politeístas, Black Pink Green Bold Halloween Party Presentation de EDLG
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño (Vigo, 14 de outubro de 1964 – Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014). Así o decidiu a institución no pleno ordinario celebrado esta mañá no pazo municipal de María Pita (A Coruña), unha sesión na que tamén se valoraron as candidaturas de Antón Tovar, Miguel González Garcés e Enrique Labarta Pose. A RAG celebrará a narradora, autora serodia de dúas novelas nas que reescribiu os mitos da Odisea e o artúrico, e mais a xornalista, nun momento en que urxe reconstruír o espazo dun xornalismo para a cidadanía, comprometido coa verdade e co uso do galego. Coa lembranza de Begoña Caamaño, as Letras 2026 serán unha festa asomada á contemporaneidade, á pulsión do presente e á ollada feminista que vertebrou o seu pensamento, o seu traballo intelectual e a súa biografía.
Revista Escolar 24-25
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Xa dispoñemos da revista escolar na que se recolle unha síntese do noso ano escolar. Esta publicación serve como produto final e ferramenta de difusión do traballo desenvolvido, e foi elaborada co esforzo conxunto de todo o grupo.Con ela damos a venvida o verán e o comezo das vacacións.Disfrutade moito. Revista escolar Nº26