DIA DA PAZ NO CEIP PENA DE FRANCIA
Neste día escolar celébrase o aniversario da morte de Gandhi (30 de xaneiro de 1948), un dos defensores da non violencia na solución dos conflictos. A súa mensaxe é moi claro: “A PAZ é mellor ca guerra. Non hai camiños para a PAZ, a PAZ é o camiño”. Todos sabemos que a paz ten un significado máis amplio que o de ausencia da guerra . Tamén sabemos que a paz consíguese descubrindo que todos somos diferentes pero iguais. Sabemos que hai lugares no mundo onde a violencia é a única lei que impera e que hai moitos nenos e nenas que non saben xogar, que non saben ler nin escribir; que só saben de armas, de matar, de odiar, de torturar, porque nos seus países hai guerra.