TEMPO DE NADAL
BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO Cando o frio se fai xiada e o aire se enche dun neboeiro húmido que recende a lume e a leña….Cando os días son tan pequenos que sempre é noite…Cando a natureza se ispe… Cando as inclemencias do inverno nos invitan ó desespero… Sentimos que o Nadal está perto e a fin do ano solar está a cumprirse. Moita xente de hoxe, moderna e progresista ou que simplemente non quere tratos cos feitos relixiosos, rexeita o Nadal porque o xulga como una festa sentimental nada práctica ou con recendo Cristián cargando as tintas nas imposicións e o dominio relixioso de antano. Se cadra non entenden nada de nada. O nadal é un tempo de esperanza que ten raíces máis fondas e máis antergas. O cristianismo, ó estenderse polo mundo dominoi e modificou antigos ritos e celebracións que, coma o Nadal, tiñan outro sentido de fondas celebracións da Natureza e do Cosmos. O Nadal é una festa agraria en plena simbiose coa Natureza e co Cosmos, situada arredor do 24 de decembr